MAR 172022 |
Xov. 19:00 Organiza: Acougo e concello de Culleredo Pazo Vila Melania de Vilaboa |
O vindeiro xoves 17 de marzo, dentro dun convenio de colaboración que se vai establecer entre o Concello de Culleredo e a Asociación Galega de Familias de Acollida, ACOUGO, terá lugar a charla CONTIGO FLORECE, XERANDO CULTURA DE ACOLLEMENTO, coa intención de dar formación e difusión sobre o sistema de protección de menores e concretamente, das familias de acollida, polo que animamos a veciñanza a asistir para informarse sobre esta medida tan descoñecida.
Búscase achegarlle á sociedade a realidade das nenas, nenos e adolescentes en situación de desprotección e dar a coñecer o acollemento familiar.
O coloquio está aberto a toda a cidadanía en xeral e transcorrerá no Pazo Vila Melania de Vilaboa, Culleredo as 19:00 horas.
Seguiranse as medidas establecidas por mor da COVID-19, polo cal resulta preciso anotarse previamente a través do teléfono de contacto da asociación 622 672 188, enviando un correo a info@acougo.ong ou cumprimentando o formulario de inscrición: