ENE 182023 |
Organiza: ACOUGO e Concello de A Coruña Lugar: Edificio Espazo Amizar Rúa Gregorio Hernández, 2-4, 15011 A Coruña |
Retomamos a actividade despois do Nadal e destes días festivos.
ACOUGO, a Asociación Galega de Familias de Acollida é una asociación que nace da necesidade dun grupo de familias de traballar para mellorar a situación dos menores que están no sistema de protección e para dar a coñecer o acollemento familiar como a mellor medida para os nenos, nenas e adolescentes en situación de desamparo.
Con esta idea de aportar solucións nace a colaboración co Concello de A Coruña, co proxecto Familias Plus.
Sabemos que hai familias que están desexando colaborar e, en ocasións, non saben de que maneira, por iso queremos facer chegar ás familias do Concello a realidade de crianzas que non están no sistema de protección e que precisan dunha rede de apoio para poder seguir convivindo coas súas familias.
No caso de estar interesados en obter máis información, poden escribir a familiasplus@acougo.ong ou ao teléfono 622 67 21 88.